BLOGME TENDAL CLXXIII: Tendal de baranda

blogme 173

Este tipo de pinzado non ten nada que ver co de cordel. Non podes pinzar contra nada, porque o ferro é máis groso e polo tanto a pinza non é fiable, pode espiar do ferro e quedar a roupa ó ventimperio e comezar unha viaxe que daría para máis dun conto de O. Henry.

A roupa ten que confiar en si mesma, na súa propia fortaleza. Amárrase a si mesma, nun exercicio de contorsionismo téxtil sen rede e polo tanto non exento de perigos.

Que desacougo dá a imaxe dese pantalón a quen lle falou unha perneira. O público asiste dende as xanelas á evolución do acróbata… recuperará a posición ou cairá sen solución no abismo?

Non quixen mirar. Como facía no circo cando ca boca aberta pola beleza das figuras das acróbatas, de súpeto, pasaba algo que che apreixaba o corazón. Seguía cos ollos abertos, agora de par en par, pero non miraba.

A camisa, moi profesional, saudano ó público como se non pasase nada.

BLOGME TENDAL CLXXII: Tendal pedestre

blogme 172

E lavarianas na lavadora?

Entre tanto cable como ten para colgar, ben podía colgar as zapatillas nos que teñen máis que ver ca súa función. Os cables do redor serven, coma eses tenis (viguesada léxica) para comunicar, para coñecer, para chegar a outros lugares e xentes, e para levar azos e enerxía a quen a queira coller.

E non sei se ten un criterio claro á hora de se relacionar con elas. Case todas pinzadas pola lengüeta, pero aínda que os pares son coherentes, -vese que ten fondos sentimentos sobre a armonía da parella-, desconfía, en cambio, da armonía universal.

Non creo que sexan novos marcos urbanos, como se describen na lenda urbana das zapatillas, E xa sería o colmo!

BLOGME TENDAL CLXXI: Tendal… normal

blogme 171Tan normal, tan rutinario, tan sen sobresaltos que non importa se será de muller solteira ou non; nin as medias destacan por contraste de cor.

Só chama a atención ese tanga onde se concentran todas as cores que non hai no resto do tendal.

E ademáis é a única prenda que está por fóra do balcón. Hmmm…!?

Imaxino que a que armou este tendal é …

BLOGME TENDAL CLXX: Tendedeiro heráldico

blogme 170Cal escudo de armas, identificando a nobleza da familia posuidora da casa. Dando valor e gabándose do aboengo, de xeracións e xeracións que fixeron estandarte da nobre arte de lavar e tender a roupa.

Así tempos: Blasón sobre campo de brancura mancillada polo pecado orixinal do ventimperio, liñas inmaculadas que terman de aves esenciais desprovistsa de adxectivos non funcionais e abatidas en espera, cor dominante de añil por ser potenciador da limpeza e rosa mínimo pola feminineidade de quen entabla batalla e mergulla, este mergullado refórzase cunha figura verde-auga que simboliza o elemnto básico da limpeza.

Unha familia noble. Sen dúbida

BLOGME TENDAL CLXIX: Niño de pinzas

blogme 169Velaquí están, os gazapiños de pinzas, no niño, piando pola comida. Que se está preparando, tranquiliños gazapiños, en casas coma as que hai no fondo, e que virán encher ás vosas boquiñas.

Nunca vin un paxaro pousado na corda dun tendedeiro

Vendimando historias na Ribeira Sacra

etapa sacrata (1)

Cando vin a foto, pasoume o que pasa ás veces cando ves unha peza de arte contemporáneo e empezas a revirar a cabeza a ver se lle colles o xeito. E non llo collo. Non sei é cubismo ou estructuralismo, nin sequera se é escultura ou que. O caso é que por alí me levaron, a iso, a vendimar historias, levoume unha boa vendimadora, Sonia Seijasetapa sacrata (10)

de Etapa Sacrata, que ten moi boas ideas para (non visitar) COÑECER o sitio, sentilo, valoralo e, claro, bebelo! Senón que?

etapa sacrata (9)E haiche moito socalco, moita vide e moito camballo por vendimar!

etapa sacrata (13)etapa sacrata (14)etapa sacrata (15)

Dáme cousa o choio porque coñecín xente que valora e sabe desta zona máis ca min e poderían falar con máis propiedade e emoción e, polo tanto, contaxiarvos da paixón que cómpre ter para sacar viño desa terra(?), ou mellor dito: para coidar das vides nesas encostas. Xa vos presentei a Sonia, preséntovos agora a Ale, Queta e Yimi, de Nautico “Os Chancís”. Hai máis!

etapa sacrata (6)

etapa sacrata (18)

Quen ben falan e que gusto dá escoitalos. O can sobre todo, é un magnífico escoitador de conversas. Ou á xente do Colado do Vento … que veñen recollendo músicas e contos e personaxes.

E a propia Sonia e Etapa Sacrata que se presentan en Compostela este xoves, e aproveitaremos para beber un Malcavada, que é viño de alí

Que San Mauro me asista e me teña compaixón, e non me castigue contra a parede como fixeron ca igrexa de Amandi!! Que Xan de Ardán me acompañe facendo o pino nunha lousa

etapa sacrata (12)

Saúde!

BLOGME TENDAL CLXVIII: Seca ca vista

blogme 168Se eu fose fotógrafo, e dos bos, que non son, faría unha fotografía destas bonitas onde todo fose roupa tendida. Onde estivese todo o que hai na roupa tendida, ás veces na vistas, outras no olfato, outras no tacto (e tamén no oído e no gusto)… a auga que lava, o sol que evapora a humidade, o azul do añil e a herba do clareo.

Os tendais non teñen auga abondo para facer nubes. Dos tendais agroman as brumas, as neboas que non enchoupan pero abrazan co pulso leve e seguro co que te collen as persoas cegas. Porque non queren que as guíes, queren que as acompañes.

O Miño que lava roupa en Galiza e en Portugal