Que é facer ben un tendal? A xente faise esta pregunta? Creo que non. O tendal tiña unha forma non escrita que dicía que a roupa pequena/íntima quedaba na corda de atrás e a roupa grande diante. Así tapábase a intimidade tamén téxtil. Este tendal demostra que tender a roupa tamén cambiou, como todo, que os tendais non están afastados da evolución social. Se agora a roupa interior é máis ou menos visible no vestir de cotío, nos tendais pasa o mesmo. O sentido do pudor no tendal tamén cambia.
Ou non se sabe facer ben un tendal.
E, ollo! este tendal está feito por mans de muller, que mentres non se demostre o contrario, son as que mellor tratan a roupa. Non sei de quen é o tendal, pero estaredes de acordo comigo en que o xeito de colgar a roupa é demuller.
