“PELOS NA LINGUA” de Talía Teatro en Compostela

O sábado 21 ás 20:00 e o domingo 22 ás 18:00 no Salón Teatro de Compostela

“Pelos na lingua” está dirixido a todo o mundo: aos galego falantes, aos que non o son, aos que queren sero pero non se atreven, aos que si queren selo e tomaron esa determinación, aos que non o falan por que non saben falalo ben, aos que lles dá igual o que se fale ou non en galego, aos que pensan que o galego é a lingua que debería falar todo o mundo,aos que pensan que debería de ser o inglés o idioma que falase todo o mundo, aos que pensan que a maioría dos galegos falan castelán, aos que pensan que a maioría dos galegos falan galego, a políticos, mestres, alumnos, actores, actrices, carpinteiros todos e todas.

biblosvivos

“A min pareceume un teatro moi interesante. Foi moi bo. O que máis me gustou foi o do médico….jajajaja!”

“foi moi dibertido e moi gracioso porque perdemos duas clases”

“Os actores Toño Casáis e Artur Trillo, moi seguros nos seus papéis tiveron unha actuación senlleira. A actriz María Ordoñez, polifacética -unha regalía escoitala-, acadou un sobresaínte alto.”

A COVA CELTICA DO WIRTZ
“Gustoume moitisimo a obra pareceume moi divertida e estretiveme moito, fixome moita gracia, xa que era moi amena e pareceume moi cercana para nós xa que todas as cousas que se dician eran ben certas!

Por certo compañeiros moi boa redacción”

Os comentarios están pechados.